13 mar 2010

Descubrindo o universo con Google

O xigante dos buscadores, Google, permite explorar o universo a través da súa aplicación online Google Sky. Cun funcionamento similar ó do coñecido Google Maps podemos viaxar polo espazo e incluso simular o visionado dos astros con raios-X e infravermellos. Tamén teremos acceso a fotos e datos de interese de cada rincón das galaxias e dos sistemas coñecidos.


Ademais da aplicación online temos a opción de baixar o programa instalable Google Earth que nos permite explorar o noso planeta con detalladas imaxes de satélite, e á que se lle engadiu a característica de explorar o universo e algúns planetas de xeito similar ó Google Sky.


Pero as posibilidades de estudar astronomía con Google aínda van máis aló, xa que pon á nosa disposición unha aplicación interactiva chamada A Aventura do Universo, desenvolvida pola Agrupación Astronómica de Madrid, CosmoCaixa, o Planetario de Madrid e Google, como parte das actividades do Ano Internacional da Astronomía. Animádevos e deixade un comentario coa vosa puntuación.


No xogo deberás contestar vinte preguntas para avaliar o teu nivel de coñecementos, e poderás subir a túa puntuación á rede e comparala coas de outros xogadores.

NOTA: Para ver imaxes de satélite de España e Galicia, as bases de datos con maior nivel de detalle, especialmente en zona rural, son as dos visores SIGPAC (España) e SIXPAC (Galicia), aplicacións do Fondo Español de Garantía Agraria e da Xunta de Galicia respectivamente para o seguimento de parcelas agrarias, medición de terreos e información catastral. Como mostra, a vista aérea do noso instituto:

2 comentarios:

  1. Ostra, cuanta información, F menuda pasada de blog que estas facend, que sepas que eu sigo todos os dias.

    ResponderEliminar
  2. Si señor, gustoume esta entrada.Sigue asi F que che esta quedando un blog de medo!!!

    ResponderEliminar